1. |
Penélope*
02:58
|
|||
SKARMENTO | PENÉLOPE*
Un paso adiante i-outro atrás, Galiza,
i-a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos s'espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
ch'estrolla o sono mol coma unha uva;
Pro ti envólveste en sabas de mil anos
i-en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron: Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús-María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i-outro atrás, Galiza!
|
||||
2. |
Non Agardes Paz
03:11
|
|||
SKARMENTO | NON AGARDES PAZ
Garda as forzas para algo mellor,
para que o frío non te reduza.
Porque o lume pódenos guiar
tralas pedras que abren os camiños.
Ir de loito fronte tanta luz.
Xesto oculto e a mirada ausente.
Cada golpe outórgache o poder.
Son as pautas do odio máis doente.
Sei que cada quen colle un camiño.
Segue os pasos, marca o ritmo.
As cousas non son doadas,
moitas veces veñen dadas.
Todo a punto para repartir,
golpe a golpe o teu resentimento.
Hoxe é tarde para claudicar,
sementaches odio non agardes paz.
Chorar xa non vos valerá,
cambian as formas e o lugar.
Agora escoito a alguén berrar
que hai tempos que non tornarán.
Tanta inxustiza que lembrar.
Vellas historias que contar.
Plantaches odio ó teu redor.
Agora non agardes paz. Non a haberá.
|
Skarmento Donramiro, Spain
Dende os primeiros acordes nun vello local no ano 2000 a historia de Skarmento é a historia dunha vitoria rotunda sobre todo o que rexeitamos. Coa guerra gañada de antemán, temos pouco ou máis ben nada que perder.
Streaming and Download help
If you like Skarmento, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp